SINDICATO DE INQUILINAS
DE VIGO

QUEN SOMOS

Somos organizacións de base formadas por persoas que vivimos de alugueiro e nos organizamos para defender o dereito a unha vivenda digna e asumible.

POR QUE UN SINDICATO?

Organizarse colectivamente é clave para facer fronte á crise da vivenda e garantir, a través da mobilización e do apoio mutuo, que o acceso á vivenda sexa un dereito real.

QUE PASA CO ALUGUEIRO?

O alugueiro en Vigo está en crise pola escaseza de vivendas, prezos desbocados e especulación, con máis de 22.000 baleiras mentres a xente non pode atopar onde vivir a prezos dignos.

QUEN SOMOS

Os Sindicatos de Inquilinas somos organizacións de base formadas por persoas que viven en vivendas de alugueiro e que se organizan para defender o dereito a unha vivenda digna, estable e asumible. Enfrontámonos aos abusos dos grandes propietarios e arrendadores en xeral, á suba dos alugueiros e á precariedade da vida. A través da organización e da loita colectiva, conseguimos frear os abusos, negociar rebaixas de alugueiros e plantarlle cara aos diferentes conflitos en materia de alugueiro.

O Sindicato de Inquilinas de Vigo nace da PAH Vigo-Tui-BM, cando o peso do conflito da vivenda pasa das hipotecas aos alugueiros. Tras un proceso de renovación e de transformación da estrutura organizativa, traballamos para plantar cara aos especuladores e desmercantilizar a vivenda para que prime a súa función social sobre a económica. Porque a vivenda non é un negocio, é un dereito básico para desenvolver a nosa vida dunha maneira digna.

POR QUE UN SINDICATO?

Quenes vivimos de alugueiro en Vigo sabemos que non temos garantido o acceso a unha vivenda digna e estable: subas descontroladas dos prezos, finalizacións de contrato inxustificadas, expulsións dos nosos barrios…

Consideramos fundamental que as persoas inquilinas nos organicemos para facer fronte á crise da vivenda e consigamos reverter esta situación. Desde hai décadas existen sindicatos de inquilinas por toda Europa e ao longo da súa historia estes teñen colleitado moitas vitorias para as veciñas grazas ao apoio mutuo, á solidariedade e á mobilización social. Sabemos con certeza que visibilizando o problema, enfrontándonos aos especuladores e presionando ás institucións públicas, podemos acadar que o acceso á vivenda sexa, de verdade, un dereito garantido.

por qué un sindicato

QUE PASA CO ALUGUEIRO?

O alugueiro en Vigo e en todo o Estado vive unha situación de urxencia. A escaseza de vivendas dispoñibles, a subida inasumible e acelerada dos prezos, a falta dun parque público de vivenda amplo, a venda de bloques a grandes fondos de investimento e o uso das vivendas con fins turísticos abocan ás veciñas e veciños a unha situación insostible. 

En Galicia e na área de Vigo, nos últimos anos o prezo da vivenda aumentou de maneira continuada. Din que non hai oferta de vivenda pero existen máis de 22.000 baleiras e en torno a 2.500 adicadas ao uso ultraespeculativo que supón as vivendas de uso turístico. Ademáis, os desafiuzamentos ocultos que se dan coa non renovación dos alugueiros para poder subir abusivamente a renda non deixan de medrar. 

OBXETIVOS

Queremos que o alugueiro sexa unha opción de acceso á vivenda asumible e estable. Por iso é preciso regular os prezos, paralizar os desafiuzamentos e aumentar o parque de vivenda pública. Tamén frear a merca especulativa recuperar as vivendas de uso turístico para alugueiro habitual e rematar cos abusos e coa discriminación no acceso á vivenda.

ASAMBLEAS DE INQUILINAS
#Quedamos

É importante que as persoas inquilinas sexamos conscientes do potencial que ten que nos xuntemos para acadar, en colectivo, a maneira de solucionar as nosas situacións particulares: ¡non estás soa! As inquilinas atopámonos tódolos meses na Asemblea de Inquilinas, onde compartimos os nosos problemas e os solucionamos entre todas. Ademais, se o teu caseiro te quere botar da casa, nós sabemos como facerlle fronte: para iso preparamos as campañas Quedamos! E Bloques en loita.

FORMACIÓN

Coñecer a Lei de Arrendamentos Urbanos (LAU) e entender os nosos contratos de alugueiro é unha necesidade fundamental para calquera persoa inquilina. Desde o sindicato organizamos obradoiros nos que compartimos o coñecemento que fomos adquirindo en relación coa LAU, que é a lei que rexe todos os alugueiros, e as posibilidades de facerlle fronte cando nos deixa desprotexidas. Tamén estamos a elaborar manuais para facilitar que calquera inquilina poida resolver as súas dúbidas máis básicas e frecuentes. Se queres saber dos próximos obradoiros que temos preparados, contacta con nós ou bota unha ollada ao noso calendario.

ORGANIZACIÓN

Para sermos máis fortes, as inquilinas temos que estar organizadas. Por iso, gustaríanos que te sumases ao sindicato e colaborases coa nosa loita. Ademais, animámoste a participar nas nosas asembleas e nos grupos de traballo. E se queres saber o que estamos facendo, podes consultar as nosas redes sociais no apartado Contacta ou unirte aos noso grupo de WhatsApp para convocatorias.

Afíliate ao Sindicato,
xuntas somos mais fortes

Nome y apelido

COÑECE A NOSA LOITA

VIGO POLO DEREITO A TEITO – Manifestación · Venres 21...

Leer más

CALENDARIO

CONTACTO

Se tes dúbidas co teu contrato de aluguer, se tes unha inmobiliaria ou un fondo de inversión molestando no teu salón, se non queres mudarte de barrio, se queres organizarte por alugueres xustos e estables… escríbenos a info@sindicatoinquilinasvigo.org e avisarémoste da nosa vindeira «Benvida».

Entre todas tentaremos resolver as túas dúbidas e facer do teu problema individual un conflito colectivo.

Scroll al inicio