TEXTO CONCENTRACIÓN 28/01/2026

En plena crise da vivenda, o Congreso dos Deputados rexeitou prorrogar a moratoria que mantén paralizados uns 60.000 desafiuzamentos de persoas en situación de vulnerabilidade. A medida, incluída dentro do escudo social, conseguira deter un de cada catro desafiuzamentos dende a súa posta en marcha en 2020, en plena crise pola Covid-19.

Dende Amnistía Internacional, As Ninguéns, o Sindicato Estudantil Fervenza e o Sindicato de Inquilinas de Vigo lembramos que, aínda que esta moratoria necesitaba melloras notables para ampliar a súa cobertura, era a única medida que demostrara a súa efectividade á hora de deter os desafiuzamentos de familias vulnerables sen alternativa habitacional. Polo que é unha enorme irresponsabilidade deixar caer este decreto que causa inseguridade e incerteza ás familias.

A nosa prioridade é clara: non se pode deixar ás familias na rúa, a Administración agora mesmo non ten alternativas para afrontar o drama social que se aveciña. Por iso, esiximos ao goberno que aprobe un novo decreto lei que dea cobertura xurídica clara a todos os lanzamentos, ampliando a protección ás familias vulnerables.

Ademáis da paralización dos desafiuzamentos, é preciso:

  • Declarar Vigo como zona tensionada para aplicar o control do prezo do alugueiro previsto na lei de vivenda.
  • Un Plan plurianual con perspectiva de xénero para acadar que o 15% do parque total sexa público, de alugueiro asumible e social, tendo en conta a vivenda xa construída (baleiras de grandes propietarios, Sareb e públicas infrautilizadas).
  • Unha moratoria indefinida en todo o concello para Vivendas de Uso Turístico e pechar as ilegais.
  • Solucións para as persoas sen fogar, cuxa situación se recrudece en inverno por mor da climatoloxía extrema que está a acontecer.
  • Ampliación das prazas de residencia pública para estudantes, de maneira que a educación non se converta nun luxo ao alcance duns poucos.

SE NOS QUEREN FÓRA, TERANNOS DE FRONTE
NON MÁIS DESAFIUZAMENTOS SEN ALTERNATIVA HABITACIONAL!!

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Scroll al inicio