11 de novembro · Folga xeral
Folga xeral
pola vivenda
Porque traballar xa non garante chegar a fin de mes. O 11N paramos na casa, no traballo e no barrio.
Por que folga xeral?
Non imos aceptar que a vivenda siga sendo un negocio a costa das nosas vidas
Levamos demasiado tempo agardando a que os políticos solucionen isto, pero no Congreso os intereses de quen fan negocio coa vivenda seguen bloqueando os cambios que necesitamos. Por iso non podemos quedar agardando a que alguén queira arranxalo: temos que presionar nós.
Goberne quen goberne, necesitamos alugueiros asequibles e o dereito a vivir dignamente. A folga é unha forma de demostrar que somos moitas e que non imos deixar que a vivenda siga quedando en segundo plano.
Soas temos pouca forza, pero xuntas podemos conseguir que as cousas cambien. E se facemos a folga xuntas?
Vivenda e traballo
Unha mesma loita
Na túa casa
Inquilinas
O soldo marcha co alugueiro, a compra e as facturas. Organízate no sindicato de inquilinas e para os alugueiros abusivos.
No teu traballo
Traballadoras
Os prezos suben, pero os soldos non. Leva a folga ao teu centro de traballo e fala coas túas compañeiras.
No teu barrio
Veciñas
Coidados, consumo, estudos e comercio de proximidade. A vivenda afecta ás nosas familias, ás nosas veciñas e aos nosos barrios.
Goberne quen goberne, conquistaremos o dereito á vivenda.
Isto é o que esiximos o 11N
Casas para vivir, non para especular
Un gran parque público de vivenda (e que o paguen os ricos!)
Seguridade residencial: que non nos boten da casa
Baixada dos prezos
Dereitos sindicais en vivenda
Salarios, pensións e servizos públicos dignos
Por que se fai a folga antes das eleccións?
Os nosos alugueiros, desafiuzamentos e burofaxes non entenden de períodos electorais
A folga é agora porque mentres os partidos discuten, nós seguimos a pagar alugueiros imposibles e moitas veciñas viven baixo a ameaza de quedar sen casa.
Non queremos que o noso dereito dependa do calendario electoral nin de quen ocupe o Goberno. Porque as nosas vidas non poden agardar a que pasen as eleccións.
Unha folga, moitas loitas
Atópate no argumentario
A crise da vivenda toca todas as vidas. Cada colectivo ten as súas razóns para parar o 11N.
Custo da vida
Cada vez custa máis cubrir as necesidades máis básicas
Hipotecadas
A división real non é entre inquilinas e propietarias, senón entre quen necesita unha casa para vivir e quen especula
Pequeno comercio
Os alugueiros abusivos tamén asfixian a quen levanta a persiana cada mañá
Antirracismo e migrantes
Os problemas que sofren non son inevitables; son conflitos con persoas concretas e podemos gañalos
Feminismos
Sen casa non hai liberdade. A vivenda tamén é unha loita feminista!
Ecoloxismos
Defender a vivenda é defender o noso territorio fronte á especulación
Terceiro sector
Non se pode combater a exclusión social sen garantir o dereito á vivenda
Pensionistas
Non hai pensións dignas se non hai vivenda digna
Autónomas
Traballar pola túa conta non debería significar vivir coa auga ao pescozo
Sanidade
A crise de vivenda é tamén unha crise de saúde pública
Educación
A división nos cadros de persoal e o ataque ao futuro da mocidade
Universidades
Se non podes pagar un cuarto, non podes estudar na universidade pública
Como participar
Podes apoiar de moitos xeitos
Se te queixas pola túa banda, é difícil que cambie nada. Organízate co teu barrio, co teu traballo ou coa túa xente.
01
Monta un comité de folga
No teu barrio, no teu centro de traballo ou na túa facultade. Axudámosche a arrincar.
02
Organiza unha acción no teu barrio
Piquetes informativos, pegadas de carteis e asembleas veciñais.
03
Difunde nas redes
Cambia a foto de perfil e comparte a convocatoria coa túa xente e polo WhatsApp.
Se non podes facer folga formalmente (traballadoras sen papeis, internas, precarias) tamén podes unirte a un comité, difundir a convocatoria por WhatsApp ou afiliarte ao teu sindicato de barrio.
Dobre afiliación
Para ir á folga, organízate na casa e no traballo
Sindicato de inquilinas
Na casa, a forza vén de organizarse con quen ten o teu mesmo problema co alugueiro.
Sindicato do teu traballo
No traballo, un sindicato dá cobertura á folga e forza para negociar salarios dignos.
Afíliate ao sindicato de inquilinas
Afíliate11N · Paramos o país
Porque as nosas vidas non poden agardar. E se nos organizamos para que, goberne quen goberne, teñan que escoitarnos?
Participa na folga