Dous escudos contra o alugueiro abusivo:
prórroga extraordinaria e limitación da actualización do prezo
⚠ URXENTE: SE O TEU CONTRATO REMATA ANTES DO 31/12/2027, TES DEREITO Á PRÓRROGA. ACTÚA XA!

O Real Decreto-lei 8/2026 recoñece dous dereitos concretos para as persoas arrendatarias. Aquí explicámosche o que son, para que serven e o que tes que facer agora mesmo.
A guerra de Irán está a disparar os prezos da enerxía e, con eles, os de case todo. O mercado do aluguer en Vigo xa estaba tensionado: miles de contratos están a piques de rematar e as rendas ofertadas non deixan de subir. O Goberno do Estado respondeu con este real decreto-lei que, con todas as súas limitacións, recolle dous dereitos que tes que coñecer e exercer. Desde o Sindicato de Inquilinas de Vigo explicámosche de que se trata, sen tecnicismos e sen rodeos.
Prórroga extraordinaria do contrato: ata dous anos máis no teu piso
Se o teu contrato de aluguer de vivenda habitual remata antes do 31 de decembro de 2027, podes pedir que se prorrogue por períodos anuais, ata un máximo de dous anos adicionais, nas mesmas condicións que tes agora (mesma renda, mesmas cláusulas).
O arrendador está obrigado a aceptar a túa solicitude. As únicas excepcións son que xa asinarades un novo contrato, que acordarades outros termos entre vós ou que o propietario teña acreditada a necesidade de recuperar a vivenda para uso propio (segundo o artigo 9.3 da LAU).
Atención: esta prórroga extraordinaria é incompatible coa prórroga prevista no artigo 10.3 da LAU (a das zonas tensionadas), que ten carácter preferente se é de aplicación.
Algunhas notas importantes dobre a prórroga extraordinaria dos contratos:
- Só aplica aos contratos regulados pola LAU, é dicir, contratos de vivenda habitual.
- A prórroga non é automática, hai que pedila mentres o RD estea en vigor.
- Vancha tentar coar, así que afíliate e organízate no Sindicato de Inquilinas da túa cidade.
OLLO! Se o teu contrato remata en menos de 4 meses, mais aínda non che avisaron por vía escrita de que non che queren renovar, non fai falla que envíes a prórroga. Grazas a nosa loita, conseguimos que todos os contratos asinados despois do 2019 prorrogáranse automaticamente 3 anos se o caseiro non di nada 4 meses antes do fin. Isto recóllese na LAU así que xa tes 3 anos mais de contrato.
Excepción: Se tes un contrato por habitación, contrato de tempada, o teu contrato finalizou antes do 22 de marzo do 2026 ou despois do 31 de decembro do 2027, esta prórroga non che vale. Pero o Sindicato xa existían antes deste RD, así que temos ferramentas sindicais para quedar na casa nestes casos.Non agardes máis! Se tes dereito á prórroga, solicítaa xa! Se o RD non se convalida no Congreso, deixará de ter vixencia. Pero todas as prórrogas que se soliciten mentres estea en vigor seguirán vixentes.
Solicita a túa prórroga xa! Aquí tes toda a información e os modelos para solicitar a prórroga
Límite do 2% nas actualizacións anuais da renda ata fin de 2027
Se cómprese a anualidade do teu contrato entre o 22 de marzo de 2026 e o 31 de decembro de 2027, a actualización da renda ten un teito.
A norma distingue dous casos:
- Se o teu arrendador é un gran tenedor (persoa física ou xurídica con máis de 10 inmobles urbanos ou máis de 1.500 m² residenciais): a subida non pode superar o 2% en ningún caso, con ou sen acordo entre as partes.
- Se o teu arrendador non é un gran tenedor: podes negociar. Se non hai acordo, a subida tampouco pode superar o 2%.
En resumo: ninguén che pode subir a renda máis do 2% sen o teu consentimento expreso durante este período, e no caso dos grandes tenedores, nin coa túa sinatura.
Reclama a limitación da actualización! Aquí tes toda a información e os modelos para solicitar a prórroga
Medidas insuficientes pero necesarias
Este real decreto-lei é insuficiente. Non resolve a crise de vivenda. Non obriga ás comunidades autónomas que levan anos bloqueando as Zonas de Mercado Residencial Tensionado —incluída a Xunta de Galicia— a actuar. Non frea os desafiuzamentos. Non controla os prezos dos novos contratos.
Pero son dous dereitos reais que existen hoxe, e que o sector inmobiliario vai tentar que non uses, que non coñezas, que non os exerzas. O noso traballo é o contrario: que cada inquilina e cada inquilino de Vigo saiba o que lle corresponde e teña ferramentas para defendelo.
Ademáis, o BOE sen acción colectiva é papel mollado. Estas medidas non son efectivas se non nos organizamos para defendelas e aplicalas. Así que, como sempre, non fagas nada disto soa. Vente, que eiquí está a túa xente.
A vivenda non é un negocio. É un dereito. E os dereitos só existen cando se exercen.
Xuntas somos máis fortes!
Preguntas frecuentes
Dependen estas medidas da data na que asinei o meu contrato de alugueiro?
Non, aplica a todos os contratos de alugueiro residencial (LAU) independentemente da data na que se asinaran.
Se pido a prórroga e o Congreso despois non ratifica o Real Decreto, perdo a prórroga?
Se non se ratifica, deixará de ter vixencia, pero os dereitos e obrigas xerados durante a súa vixencia seguirán vixentes. Noutras palabras, se o decreto caduca e perde a súa validez, a prórroga non se poderá aplicar a novos casos, pero as solicitudes presentadas durante a súa vixencia seguirán sendo válidas. Por iso é esencial que lle comuniques a prórroga ao teu caseiro o antes posible.
Que pasa se xa me notificaran que marche?
Se o teu contrato finaliza no período que vai dende o 22 de marzo 2026 ao 31 de decembro 2027, podes acollerte á prórroga aínda que xa te notificaran a non renovación con 4 meses de antelación ou máis. É importante que te achegues ao teu Sindicato de Inquilinas máis próximo para loitar, porque o teu caseiro intentará dicir que non lle aplica ao teu contrato.
Que pasa se o meu contrato xa rematou?
Se aínda non marchaches da casa e non queres marchar, non o fagas. O mais importante é informarte xa que moitas comunicacións cos caseiros non son válidas ou poden combaterse. O primeiro paso é contactar co sindicato de inquilinas mais próximo e organizar a resposta colectiva. A estratexia #NOSQUEDAMOS busca precisamente que ninguén abandone a súa vivenda por presión, aplique o RD ou non lle aplique.
Que pasa se teño un contrato de tempada ou de habitación?
A prórroga extraordinaria só aplica aos contratos suxeitos á LAU, polo tanto, non é aplicable aos contratos de tempada ou por habitación. Aínda así, se che queren botar ou subir o alugueiro, non o aceptes. Non precisamos este RD para loitar pola túa casa, vente ao sindicato máis próximo e únete á estratexia #NosQuedamos.
Que pasa se o caseiro non o acepta?
É habitual que non queiran aceptar estas medidas porque van na contra dos seu plans de seguir facendo negocio coas nosas vidas. Por iso insistimos: Non negocies soa. Dende os sindicatos de inquilinas podemos coordinar respostas, premer de xeito colectivo e soster a desobediencia canso sexa necesario.
Estas medidas acaban co negocio da vivenda?
Non. Mentres os caseiros seguen subindo os prezos e expulsándonos dos nosos barrios, o Goberno resposta con medidas limitadas e temporais como estas, que non frean o negocio da vivenda. Non nos podemos enganar, este RD non é mais que migallas que non nos serven, así que prepárate porque pronto nos tocará escalar na intensidade e volver saír ás rúas.
Ademáis, o BOE sen acción colectiva é papel mollado. Estas medidas non son efectivas se non nos organizamos para defendelas e aplicalas. Como sempre, a clave está na nosa acción colectiva. Ven ao Sindicato!
Cal é o primerio paso?
Revisa o teu contrato e a túa situación co apio do teu sindicato. Cubre o formulario da nosa web, descarga os modelos, le toda a información e non envíes nada soa se tes dúbidas. Co apoio colectivo é mais doado aplicar a prórroga ou limitar a subida e, ademáis, fortalecemos a loita común. Se o tes claro, manda o modelo que mais aplique a túa situación e afíliate ao sindicato para que o teu caseiro non cha cole.